miércoles, 4 de mayo de 2011

Catalina García participa en Madrid nun acto de candidatas socialistas con Rodríguez Zapatero

A cita, desenvolvida na Casa de América, tamén contou coa presenza de María José Cabana, candidata en Cabanas

Narón, martes 3 de maio do 2011.- As candidatas socialistas ás alcaldías de Narón e de Cabanas, Catalina García Blanco e María José Cabana respectivamente, participaron hoxe nun acto celebrado polo PSOE na Casa de América, en Madrid.

A cita, á que asistiu o presidente do Goberno e secretario xeral do partido, José Luis Rodríguez Zapatero, buscaba “reforzar o traballo das mulleres que encabezan as candidaturas socialistas” nos comicios municipais do vindeiro 22 de maio. Estiveron presentes algunhas das alcaldesas en exercicio e mulleres que aspiran a esa mesma condición.

A candidata de Narón, Catalina García, destacou, trala alocución de Rodríguez Zapatero, a súa aposta “por un Goberno que apoia ás mulleres”, definindo ao dirixente socialista como “o presidente da Igualdade”. Entre as principais medidas impulsadas nos últimos anos polo Executivo, subliñou a Lei contra a Violencia de Xénero.

Zapatero

No seu descurso, José Luis Rodríguez Zapatero defendeu as leis que implantou o seu Goberno nestes anos en materia de igualdade, fronte a un Partido Popular que, dixo, “está inédito neste eido”. No aspecto social, comprometeu, de cara aos comicios do vindeiro día 22, a extensión do ensino infantil a todos os nenos de entre 0 e 3 anos.

Non só lembrou algunhas conquistas no social, senón que tamén apostou por dar pasos cara adiante na plena igualdade entre homes e mulleres en canto á contratación no mercado laboral e ás súas percepcións salariais.

(Adxúntase enlace co Flickr do PSOE, fotografía do acto)

No hay comentarios:

Publicar un comentario